O venres 15 de decembro xuntámonos no Pazo da Peregrina de Ames para apoiar a economía social e solidaria e desfrutar de todas estas actividades no encontro TECENDO O CAMBIO impulsado por REAS Galicia:
-Mercado de inverno con postos de entidades e proxectos de economía social e solidaria.
-Mesa de intercambio de saberes con Eo Alimenta, Asociación Veciñal de Teis, Óscar Penín, Arredor do Rural, Caterina Zepnova e Mercado Social de Madrid
-Dinámica sobre intercooperación, retos e oportunidades, con 50pés consultoras e Raquel Doallo de aopaso
-Proxección da documental Os pousos do café + debate e degustación.
-FESTA con Brais das Hortas , unha actuación musical familiar acompañada de chocolatada de Comercio Xusto.
A economía social e solidaria é transformación, é futuro.
Vémonos o 15 en Ames!