Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Teatro VAIA TEA! O Barco de Valdeorras

0 Comentario
999 Vistas
Somos o que vestimos? Que sabemos sobre as implicación do consumo de roupa a nivel internacional? Cal é a realidade das traballadoras da industria téxtil no mundo?

Para contestar a estas e outras preguntas, o 18 de decembro, ás 11:00 horas, o Teatro Lauro Olmo no Concello de O Barco de Valdeorras acollerá a obra de teatro ‘Vaia tea’ no marco da campaña #AquíeAcoláOXusto

Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.

Será unha sesión para o alumnado de secundaria e público en xeral.

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

Detalles

Fecha:
diciembre 18, 2025
Hora:
11:00 - 13:30
Categoría del Evento:

Local

Teatro Lauro Olmo
España