Para contestar a estas e outras preguntas, o 22 de outubro , ás 12:30 horas, o IES As Telleiras no Concello de Narón acollerá a obra de teatro ‘Vaia tea’ no marco da campaña #AquíeAcoláOXusto
Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.
Será unha sesión para o alumnado do IES As Telleiras e do IES Terra de Trasancos.
A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

