Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Teatro VAIA TEA! Pontedeume

0 Comentario
833 Vistas
Somos o que vestimos? Que sabemos sobre as implicación do consumo de roupa a nivel internacional? Cal é a realidade das traballadoras da industria téxtil no mundo?

Para contestar a estas e outras preguntas, o 6 de xuño, ás 16:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Pontedeume acollerá a obra de teatro ‘Vaia tea’ no marco da campaña #AquíeAcoláOXusto

Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.

Será unha sesión aberta e de balde ata completar o aforo .

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

Detalles

Fecha:
junio 6, 2023
Hora:
17:30 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Salón de Actos da Casa da Cultura de Pontedeume
España