Un ano máis, as persoas e colectivos implicados no Globo atópanse nun Encontro no que compartir as microexperiencias de transformación social promovidas ao longo do 2024.
O VI Encontro do Globo constrúese como un espazo lúdico e formativo, onde as microexperiencias de transformación social serán as protagonistas da xornada, sumando novos colectivos a outros anteriormente vinculados ao Globo.
Como é habitual nos encontros do Globo, mesturaremos espazos plenarios e obradoiros en pequenos grupos; aprenderemos de forma lúdica sobre o que supón participar para transformar; estará presente a acción, pero tamén a reflexión; e mostraremos as experiencias de transformación social promovidas neste 2024. A arte estará tamén presente ao longo de todo o encontro. Anímate a participar!
Para + info: direccion@solidaridadgalicia.org