No marco do “III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL” que ten como finalidade recoñecer experiencias educativas transformadoras desenvolvidas en centros educativos galegos que fomenten unha cidadanía solidaria e crítica, o profesorado gañador puido desfrutar dunha viaxe a terreo para coñecer diferentes proxectos de cooperación internacional.
Concretamente o grupo de docentes viaxou a Guatemala o pasado mes de agosto durante dez días, tempo no que percorreu o país compartindo e coñecendo o labor de entidades locais como Mujeres Mayas Kacla, MejorHa ou Atípica, así como o Centro Cultural de Guatemala da AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).
O vindeiro domingo, día 13 de outubro, terá lugar a presentación dun vídeo resumo desta fermosa e emocionante viaxe chea de momentos máxicos e inesquecibles para todas as súas protagonistas.
O Premio Galego de Educación para ao Desenvolvemento e Cidadanía Global e un proxecto desenvolvido por Solidariedade Internacional de Galicia, convocado pola Coordinadora Galega de ONGD e co financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.