Un ano máis, as persoas e colectivos implicados no Globo atópanse nun Encontro no que compartir as microexperiencias de transformación social promovidas ao longo do 2025.
O VII Encontro do Globo constrúese como un espazo lúdico e formativo, onde as microexperiencias de transformación social serán as protagonistas da xornada, sumando novos colectivos a outros anteriormente vinculados ao Globo.
Como é habitual nos encontros do Globo, mesturaremos espazos plenarios e obradoiros en pequenos grupos e aprenderemos de forma lúdica sobre o que supón participar para transformar. Estará presente a acción pero tamén a reflexión e mostraremos iniciativas de activismo e participación social. A arte e o humor estará tamén presente ao longo de todo o encontro. Anímate a participar!
Para + info: direccion@solidaridadgalicia.org