Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

VIII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global. Currículo e acción social para a transformación

0 Comentario
978 Vistas

Un ano máis, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolle as Xornadas de Educación para a Cidadanía Global, que organizamos xunto co grupo de investigación Ecigal e que celebran xa a súa oitava edición.

Nesta ocasión, as xornadas están orientadas ao profesorado e alumnado das titulacións de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social, así como a profesorado do resto de etapas educativas e ao persoal técnico e/ou voluntario de diversas entidades, ONGs e colectivos sociais interesados en traballar esta temática. Durante as mesmas preténdese achegar a ECG como unha pedagoxía crítica, apropiada para dar resposta ás grandes problemáticas globais actuais tanto dende o currículo escolar como dende a acción social. Abordaremos os retos socioeducativos do presente e do futuro e coñeceremos iniciativas transformadoras e motivadoras das que aprender.

 

PROGRAMA

10:00 Faladoiro sobre a Educación para a Cidadanía Global hoxe

  • Carlos Gómez, mestre de primaria. El Aula Revuelta (Valencia).
  • Javier Saborido, responsable de educación. Madre Coraje (Andalucía).
  • Raquel López, educadora social. Asamblea de Cooperación pola Paz (Galicia).

Dinamiza: María Caride, educadora social de Solidariedade Internacional de Galicia e membro de Ecigal. ​

11:00 Boas prácticas de ECG desde a escola

  • Experiencias en educación infantil e primaria. Carlos Gómez de Aula Revuelta.

Presenta: Rosa Méndez, docente da Universidade da Coruña e membro de Ecigal.

12:00 Descanso

12:30 Boas prácticas de ECG desde a acción social

  • Activistas polo mundo que queremos. Raquel López, educadora social, Asamblea de Cooperación pola Paz.
  • Desequilibrio aos soños compartidos: construción de narrativas de futuro sostible. Andrea López, educadora social, Feitoría Verde.
  • A festiña das flores. Asociación Provivenda e Fundación Emaús.

Dinamiza: Ana Lampón, educadora social de Solidariedade Internacional de Galicia e membro de Ecigal.

13:45 Cénit. Mapa de experiencias de ECG

Laura Cruz, docente da Universidade da Coruña e membro de Ecigal.

14:00 Descanso para xantar

– – – TARDE – – –

16:00 a 19:00 Obradoiro. Estratexias para vincular a ECG ao currículum

  • Javier Saborido, responsable de educación. Madre Coraje (Andalucía).

Acompaña: Renée DePalma, docente da Universidade da Coruña e membro de Ecigal.

*Certificado de 4 horas de formación por asistencia na Xornada da mañá, e 8 horas de formación pola asistencia completa.

INSCRÍBETE DE BALDE

Estas xornadas son posibles grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Detalles

Fecha:
noviembre 9
Hora:
10:00 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Facultade de CC da Educación. UDC
A Coruña,

Organizadores

Solidariedade Internacional de Galicia
ECIGAL