Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Voces do Comercio Xusto desde El Salvador. Ourense

0 Comentario
1339 Vistas

O xoves 26 de febreiro ás 18:30 horas na Tenda de Comercio Xusto de Ourense, no marco do proxecto “Do envellecemento activo ao envellecemento activista” e co apoio e a colaboración de ATEGAL, impulsamos a actividade “Voces do Comercio Xusto desde El Salvador”.Unha actividade que nos permitirá conectar directamente co movemento internacional do Comercio Xusto a través dos seus protagonistas.

Contaremos coa participación de Claudia Jiménez, xestora país en El Salvador da Coordinadora Latinoamericana e do Caribe de Pequenos/as Produtores/as e Traballadores/as de Comercio Xusto (CLAC), e Nery Sánchez, presidente da Cooperativa de Reforma Agraria San Carlos Dos.

A súa presenza en Galicia representa unha oportunidade única para coñecer de primeira man as realidades das persoas produtoras organizadas en cooperativas, o impacto do Comercio Xusto nos territorios e os retos actuais do movemento a nivel internacional.

Desde a experiencia de Claudia, achegarémonos ao papel da CLAC como organización copropietaria do sistema Fairtrade International e como rede que agrupa centos de organizacións de pequenos produtores en América Latina e o Caribe, promovendo un modelo comercial máis equitativo e sostible.

Pola súa parte, Nery compartirá a experiencia da cooperativa San Carlos Dos, exemplo de resiliencia e organización comunitaria tras un contexto marcado pola guerra e a transformación social. Unha historia que amosa como o Comercio Xusto contribúe á mellora das condicións de vida, á profesionalización da caficultura e ao fortalecemento das comunidades.

O encontro será tamén un espazo de diálogo e reflexión colectiva sobre o papel do consumo responsable e sobre como, desde Galicia, podemos contribuír á construción dunha economía máis xusta, inclusiva e sostible. Ademáis poderemos degustar e compartir un exquisito café de Comercio Xusto.

Esta iniciativa conta co financiamento e apoio da Concellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

Detalles

Fecha:
febrero 26
Hora:
17:30 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Tenda de Comercio Xusto en Ourense
Bailén, 6
Ourense, España
Teléfono:
988044059