Dende Solidariedade Internacional de Galicia e o grupo de investigación ECIGAL, temos o pracer de presentar as I Xornadas internacionais de intercambio de saberes desde a Cooperación ao Desenvolvemento; Estratexias contra as violencias machistas cara ás mulleres para unha vida plena, un espazo que ten coma obxectivo comprender a dimensión global dun problema estrutural (as violencias machistas), achegándonos á realidade de diferentes territorios (Guatemala, Bolivia e España) poñendo en común experiencias, metodoloxías e filosofías entre colectivos que comparten ámbito de actuación, pero non territorio (Kaqla, Mujeres Creando e Aliad Ultreia).
Será o vindeiro 27 de abril na Facultade de Ciencias da Educación en A Coruña.
Se estás interesado en participar podes facer a túa inscrición a través deste enlace.
Este evento é posible grazas ao financiamento do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación do Goberno de España.
Consulta o programa a continuación!