FALADOIROS D´O GLOBO; UN PECHE SINGULAR

6 Comentarios
2482 Vistas

Como cada ano, desde Solidariedade Internacional de Galicia comezamos este curso escolar traballando con centros educativos de aquí e de acolá nunha proposta que, baixo o título “Horizonte 2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora”, tiña coma obxectivo facilitar a alumnado e profesorado ferramentas que facilitasen e promovesen a participación social, necesaria na procura dunha sociedade comprometida coa defensa da dignidade de todas as persoas.

Traballabamos dentro e fora das aulas a través de acción formativas, de concienciación e sensibilización social nas que procurabamos sempre o protagonismo do alumnado e o acompañamento ao profesorado na súa labor docente.

Pero todo mudou coa chegada da COVID-19, o estado de alarma, o confinamento e, sobre todo, a incertidume. Pero continuamos.

Coa imprescindible aposta dun profesorado que, aínda a pesar das circunstancias quixo seguir, logramos avanzar adaptándonos a un novo contexto que nos limitaba ao mundo do virtual pero que nos permitía profundizar nalgunha  das claves da Educación para a Cidadanía Global coma a corresponsabilidade dende o local fronte a problemas que son globais, pois iso nos mostrou e nos mostra cada día esta pandemia, e a necesidade de construir sistemas políticos e sociais que combatan a vulnerabilidade e a exclusión.

Destas reflexións xurdiu un proceso de traballo on-line que comezou coa elaboración dun MAPA DO TEMPO DO CONFINAMENTO, un traballo colaborativo entre alumnado de catro centros educativos galegos que pretendeu crear un espazo onde reflexionar sobre as vivencias persoais durante o tempo do confinamento a través da resposta a 5 preguntas: -Como vives ti a situación nesta pandemia? – Que cambiou no teu día a día (para ben e para mal)? – Que é o que máis botas de menos? -No teu entorno, para as persoas coas que convives ou que coñeces, que é o que máis cambiou? – Estás facendo algo que axude a mellorar as cousas?

Mozos e mozas de distintos puntos de Galicia debían responder a preguntas sobre o seu día a día durante esta pandemia, o que botaban de menos ou os cambios que experimentaran os seus entornos máis próximos .

A partir de ese momento, quixemos abrir a mirada a esoutras realidades que forman parte da nosa vida institucional coma organización de cooperación internacional; Guatemala, Honduras, El Salvador…e organizamos os FALADOIROS D´O GLOBO ónde ese alumnado puido reflexionar sobre as mesmas cuestións pero, agora, da man de rapaces e rapazas que, coma el@s, estaban a vivir as consecuencias da pandemia.

Realizáronse 11 FALADOIROS nos que estiveron representados 7 países pero moitas máis vivencias.

Como resultado, un mapa virtual no que poder achegarse aos protagonistas deste proceso, ás conversas mantidas e as realidades descritas.

Non deixes de pinchar, clickar, ver, escoitar e coñecer os FALADOIROS D´O GLOBO.


I PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL

A Coordinadora Galega de ONGD abre a convocatoria da primeira...

COMERCIO XUSTO NA TÚA CASA

Dende hoxe, poñemos en marcha un novo servizo que permitirá...

3 replies added

  1. Hevila 10/07/2020 Responder

    Moi bo traballo, produtivo 👏🏻👏🏻 parabéns

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.