Fontaneiras comunitarias para unha xestión hídrica sostible

0 Comentario
5641 Vistas

Durante o ano 2024, as nosas compañeiras e compañeiros de PRO-VIDA, Asociación Salvadoreña de Ayuda Humanitaria, seguiron traballando ao carón das comunidades de Chalatenango, onde traballan históricamente desde a súa creación en 1984.

Chalatenango é un departamento montañoso fronteirizo con Honduras, e relegado do desenvolvemento nacional pola súa escasa poboación. O Estado mantén débedas históricas na prestación de servizos básicos na rexión, sendo significativa a da subministración de auga potable.

Mulleres participantes durante unha formación

Gran parte da poboación que vive en zonas rurais do país non recibe o servizo básico de abastecemento de auga por parte da Administración Pública, polo que, desde os años 80 proliferaron iniciativas locais que construíron sistemas de auga comunitarios. Segundo os últimos catastros, estes sistemas abastecen a preto do 25% da poboación do país e ao 53% da poboación do rural.

De xullo a decembro, gracias á financiación da Deputación de Pontevedra, traballouse no fortalecemento de 8 sistemas de auga comunitarios do departamento mediante a mellora dos seus plans e procedementos e a posta en marcha de accións que aseguren a calidade da auga e fomenten a participación das mulleres nestas estruturas para unha xestión hídrica máis equitativa e sostible. Nesta última liña, entre outras cousas, formouse a mulleres das 8 comunidades en fontanería para que poidan dar mantemento aos sistemas de auga pero tamén, para favorecer roles non tradicionais nas mulleres e facilitar o seu acceso a postos de traballo neste ámbito.




Liderados Xuvenís Transformadores

Levamos un tempo á procura de Liderados Xuvenís Transformadores, indagando...

10 anos de Banca Ética en Galicia

O pasado 19 de febreiro, as entidades e as persoas socias...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.