FORTALECENDO LAZOS; unha aproximación á rexión centroamericana.
Imos fortalecer lazos, así pois, acouga un intre, mira aos lados, á fronte, e visita o teu mundo. A través das xanelas que che abre Solidariedade Internacional de Galicia, podes compartir as inquedanzas de algúns e algunhas das túas conviventes na terra.
Presentámosche a compañeiros e compañeiras coas túas mesmas prioridades, gustos e preocupacións; o futuro, a familia, as amizades, se vou ter traballo, que comer, viaxar, o medio ambiente, que roupa me poño, a presidencia da comunidade, se vivir na cidade ou no rural, os cartos, o amor, e por suposto que o café sexa bo.
Anímate a pasear por estas dezanove imaxes e textos nacidos de experiencias recollidas en primeira persoa, e sente a esencia da Cooperación Internacional entre os pobos, así como a dignidade presente nas vidas do centro de América. En Guatemala, Honduras e O Salvador.
Olla, le, e reflexiona con nós.
Fotos: Maribel Valiela
Textos: Rubén Gil
Colaboradoras: María Paz, María Caride e Gloria Parra.