GRAFICA FEMINISTA CON DANITZA LUNA
O pasado 5 de decembro no Ateneo Bar Cultural de A Coruña participamos dun obradoiro de gráfica feminista impartido por Danitza Luna, membro do movemento feminista boliviano Mujeres Creando.
En palabras de María Galindo «Danitza Luna creou hai máis de 10 anos unha metodoloxía de traballo que, de forma máxica e alucinante, logra que mulleres de todas as idades e condicións sociais imaxinables agarren follas de papel para plasmar en debuxos a súa réplica ao mundo e a sociedade que nos toca vivir. Son talleres de gráfica feminista para mulleres non entendidas no debuxo non para construír autoras, senón para construír relatos diferentes capaces de imaxinar un mundo diferente. Relatos gráficos que nos mostran que pensan esas mulleres que nunca teñen a oportunidade nin o espazo para tomar a voz».
E así foi como, preto de 20 persoas durante algo máis de dúas horas, convertemos as nosas emocións, sensacións e experiencias de vida en imaxes cheas de rebeldía e feminismo.
Hoxe queremos compartir o resultado dese traballo e agradecer a todas as persoas participantes o «bo rollo» xenerado nesta cita única con Danitza Luna quen aproveitou o espazo para presentar o libro «Conceptos fundamentales para las luchas feministas», adaptación ilustrada da obra de Silvia Federici «Calibán y la Bruja».
Bótalle unha ollada aos nosos relatos gráficos;
Parabéns a todas as artistas e grazas, Danitza por sacar o mellor de nós!