Guatemala; últimas prazas
A punto de pecharse o prazo de inscrición no programa Vacacións Solidarias 2010, aínda quedan prazas dispoñibles nun dos destinos ofertados; Guatemala. Entre o 6 e o 29 de agosto, os participantes nesta edición poderán coñecer de preto a realidade do país berce da civilización maia e achegarse ao mundo da cooperación internacional a través do Programa de Intervención de Desenvolvemento Integral Oxlajuj T’xinkin.
Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:
- Predisposición para vivir en sitios onde a tecnoloxía de comunicación (Internet, teléfono) é limitada e o acceso a algunhas comodidades non está garantido (auga quente, baño individual, etc.).
- Inclinación para visitar ambientes multiculturais e capacidade de adaptación ao medio, experiencia no trato a persoas e capacidade de empatía;
- Predisposición para realizar actividades físicas (camiñadas);
- Ter boa actitude e carga de optimismo para propoñer accións de grupo concertadas;
- Ter boas condicións de saúde;
Unha vez notificado que foi seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancela a súa viaxe Solidariedade Internacional de Galicia devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea e o custo de inscrición, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.
O prezo inclúe billetes de avión i/v dende Madrid, taxas de aeroporto, seguro de viaxe, manutención, aloxamento e materiais do curso de formación. Non inclúe excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.
Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional de Galicia. Antes da viaxe realizásense actividades de formación e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.
Contacto e inscrición
Se estas interesado/a en participar envía un correo electrónico cos teus datos persoais a cooperacion@solidaridadgalicia.org
Hola! Estaría interesada en participar, podrías enviarme más información así como el precio, gracias! Saludos;Teresa
quisiera más información, y saber el precio total.
También las tereas a realizar y si son compatibles para una persoa de 52 años poco «atletica»
Rafa.
hola estaria interesada en saber el precio final y las tareas a realizar.En este momento me estoy tratando de tuberculosis por contagio en mi colegio.¿Seria un problema?Bueno espero su respuesta
un saludo
Hola a todo/as;
A continuación podeis consultar la información relativa a precios y actividades a realizar en este destino;
Datas: 6 ao 29 de agosto de 2010
Prazas: 12
Prezo: 1.880€
Proxecto de saneamento e auga de Oxlajuj Tzikin, que executamos coa ONG local “Auga do Pobo”. As persoas voluntarias apoiarán tarefas de drenaxes sanitarias e auga potable nas comunidades de Champerico, especificamente facendo gabias, colocando canalizacións, etc. ademais poderán apoiar actividades de sensibilización con nenos e de dinamización de grupos.
Non existe un perfil específico para esta actividade, aínda que se é desexable ter coñecementos básicos para temas construtivos e quizais algún coñecemento para actividades lúdico recreativas e/ou de sensibilización.
Espero sea de vuestro interés.