Haití; trala emerxencia, a reconstrucción

0 Comentario
649 Vistas

Haití; trala emerxencia a reconstrucciónDende Solidariedade Internacional de Galicia queremos agradecer o esforzo realizado por  todo/as aquele/as que acudiron ó chamamento de apoio a Haití durante as últimas semanas. Pero queremos recordar que calquera axuda segue sendo necesaria para un país que tardará máis de dez anos en recuperarse das consecuencias do devastador terremoto. Aquí poderás coñecer cal está a ser a nosa labor nestes momentos.

Dende o inicio da emerxencia o día 12, e coa chegada da axuda internacional á zona días despois, a organización haitiana CROSE (socia de Solidariedade Internacional nas accións de desenvolvemento que levamos a cabo no país), puxo en marcha un dispositivo de emerxencia autoxestionado, composto de preto de 200 persoas voluntarias, cuxo labor principal consistiu inicialmente nunha recollida de datos porta a porta sobre os danos estruturais que o terremoto deixou en Jacmel.

Esta información serviu para realizar unha avaliación das graves consecuencias do terremoto en Jacmel, identificando as familias damnificadas para establecer as prioridades da axuda de emerxencia.

¿Cómo o facemos?

O equipo de Solidariedade Internacional en Haití encóntrase en Jacmel apoiando á resposta á emerxencia de CROSE (Coordinadora Rexional de Asociacións do Sueste de Haiti) e de ATEPASE (Asociación de Técnicos para a Promoción da Agricultura e a Protección do Medio do Sueste). Logrouse enviar á zona produtos potabilizadores de auga, terminais satélite para asegurar as comunicacións e material sanitario.

Ademais, grazas ás colaboracións de institucións públicas e privadas e, especialmente, ás numerosas achegas de particulares, adquiríronse en República Dominicana medicamentos básicos e material sanitario para primeiros auxilios, bidóns de carburante e un equipo de paneis solares para asegurar o abastecemento eléctrico en caso de cortes de electricidade. A pesar do mal estado das comunicacións terrestres, o material puido ser transportado a Jacmel por estrada dende Anse à Pitre, na fronteira Sur con República Dominicana.

Solidariedade Internacional, de cara á asistencia de emerxencia e ao posterior proceso de reconstrución, considera claves dous elementos na súa intervención:

  • En primeiro lugar a coordinación coas organizacións locais haitianas, autoridades locais e organizacións internacionais.
  • En segundo lugar, a integración da poboación en todo o proceso como actores protagonistas nas accións de emerxencia adoptadas sobre o terreo.

Considérase a resposta á situación en tres niveis: en primeiro lugar a resposta de emerxencia que inclúe a mencionada avaliación sistemática dos danos en termos de perdas, a atención ás vítimas e o trauma, a organización de campamentos para aloxar as persoas sen fogar, as subministracións de alimentos quentes, auga potable, mantas, kits de hixiene e cociña.

A segunda fase, denominada de recuperación, ten por obxecto facilitar a reanudación das actividades normais, a reapertura das aulas, o funcionamento das institucións públicas e a reanudación das actividades económicas. Un problema engadido derivado do colapso provocado polo terremoto, é o alto número de persoas que se quedaron sen traballo nin medios para obter ingresos, por iso formulouse a posibilidade de proporcionar axuda económica directa ás familias damnificadas, que lles permita adquirir produtos básicos de subsistencia ata que se restableza a actividade económica.

Por último, a terceira fase consiste na reconstrución. O obxectivo será encontrar as modalidades, mecanismos e medios para dar cabida á poboación sen fogar, a reconstrución de edificios públicos, as estruturas sociais, tendo en conta as normas de construción para evitar danos futuros por furacáns e terremotos.

¿Con quen traballamos?

En todo este proceso, Solidariedade Internacional coordinouse con CROSE, ATEPASE, as autoridades locais e con outras organizacións internacionais con presenza no sueste de Haití, como ACPP, mantendo reunións periódicas para mellorar o mecanismo de distribución da axuda nos campos formais e informais habilitados para refuxiar as persoas que quedaron sen fogar.

De cara ao futuro, o traballo de Solidariedade Internacional poñerá unha especial énfase en apoiar a CROSE e ATEPASE na etapa de reconstrución, sen abandonar o traballo no fortalecemento do sector agrícola e gandeiro para garantir a curto e medio prazo o acceso a alimentos da poboación local do Sueste, aumentada previsiblemente pola chegada de persoas desprazadas dende Puerto Príncipe.


Un cómic contra o cambio climático

Presentación do libro na Coruña Ás 11:00 desta mañá, na...

O Concello da Coruña apoia o labor de S.I. Galicia en Haití

O pasado 27 de xullo, María Paz Gutiérrez (Directora de...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.