HAYDÉE CASTILLO, “PREMIO POLA PAZ 2023”

0 Comentario
9174 Vistas

A nosa benquerida compañeira Haydée Castillo vén de recibir o “Premio pola Paz 2023”, outorgado pola Asociación de Nacións Unidas de España, co apoio da Deputación de Barcelona.

Haydée Castillo é unha histórica activista e defensora dos dereitos humanos de Nicaragua. Dende 2018 exiliada política en Estados Unidos e dende o 15 de febreiro deste ano 2023, despoxada da súa nacionalidade polo goberno de Daniel Ortega, quen tamén confiscou os seus bens.

A pesar diso, a súa loita continúa dende a diáspora, onde segue a documentar a vulneración dos dereitos humanos en Nicaragua e a denunciar o espolio do territorio.

Castillo foi presidenta do Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILS), entidade que traballou durante anos como contraparte da nosa entidade xunto con Solidariedade Galega e Sólida.

En 2018 o ILLS foi ilegalizado polo goberno de Ortega acusado de financiamento terrorista, un tipo de agresión, o da difamación, que sofren moitas defensoras e que busca controlar ás organizacións que reclaman o final da represión.

Intervención de Haydee Castillo no Consello de Dereitos Humanos da ONU
12 de Setembro de 2023


Visita Sur: As Lideresas Hondureñas

Por Gabriel Rocha Non hai fronteira que limite a forza...

Un encontro de reflexións, soños de cambio e compromiso social

O encontro final do proxecto "Liderados Xuvenís Transformadores" celebrouse o...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.