HAYDEE CASTILLO, RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL ACAMPA 2024

0 Comentario
9301 Vistas

A nosa querida compañeira e amiga, Haydee Castillo, ven de ser elixida para recibir o Recoñecemento Internacional Acampa á defensa dos Dereitos Humanos 2024, un galardón que ten coma obxectivo poñer en valor a necesidade da defensa dos Dereitos Humanos recoñecendo o traballo de persoas que son un referente e un exemplo para toda a sociedade.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia quixemos promover a candidatura de Haydée Castillo polo seu inxente traballo na denuncia das vulneracións de Dereitos Humanos en Nicaragua, na promoción do Asilo Político e Refuxio coma un dereito humano e na búsqueda de espazos de diálogo como fórmula para a recuperación da democracia, liberdades e xustiza no país. Como ela mesma dí  «…apoiemos a Nicaragua na búsqueda da paz que nunca coñeceu».

Haydee, que optaba ao recoñecemento xunto coa activista medioambiental Greta Thunberg, a Axencia da ONU para os refuxiados palestinos (UNRWA), o periodista palestino Wael Al-Dahdouh, e a cineasta palestina Bisan Owda, obtivo o 30,2% dos máis de 600 votos que, entre particulares e organizacións, fixeron posible chegar ata este resultado.

Xunto con Haydee Castillo, e na súa categoría local, Acampa recoñece o labor de Manuel Martín García, voceiro de SOS Sanidade Pública de Galicia.

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 9 de xuño, no marco do VIII Encontro de Acampa centrado na «Infancia e Mocidade refuxiada».

SOBRE HAYDEE CASTILLO

Haydée Castillo é unha histórica activista e defensora dos dereitos humanos de Nicaragua. Dende 2018 exiliada política en Estados Unidos e dende o 15 de febreiro de 2023, despoxada da súa nacionalidade polo goberno de Daniel Ortega, quen tamén confiscou os seus bens.

Castillo foi presidenta do Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILS), entidade que traballou durante anos con financiamiento da cooperación galega a través das ONGs galegas Solidariedade Galega, Sólida e Solidariedade Internacional de Galicia. En 2018 o ILLS foi ilegalizado polo goberno de Ortega acusado de financiamento terrorista, un tipo de agresión, o da difamación, que sofren moitas defensoras e que busca controlar ás organizacións que reclaman o final da represión. A pesar diso, a súa loita continúa dende a diáspora, onde segue a documentar a vulneración dos dereitos humanos en Nicaragua e a denunciar o espolio do territorio.

Na actualidade desde o exilio político continúa documentando violacións a dereitos humanos en Nicaragua e promovendo a xustiza transicional (memoria, verdade, xustiza, resarcimento e non repetición) xunto a organizacións de vítimas da represión estatal de Nicaragua. De igual maneira desde o Instituto de Liderazgo e sempre no exilio desenvolve un proceso de recuperación emocional desde o enfoque sistémico para vítimas e sobreviventes.

É unha líder social influente na incidencia política internacional en organismos internacionales de dereitos humanos e multilaterais na búsqueda da recuperación da democracia, libertades e xustiza de Nicaragua.

PARABÉNS HAYDEE!


Discurso de Haydee Castillo no acto de entrega do Recoñecemento Internacional ACAMPA 2024

O pasado 9 de xuño, a activista nicaraguana Haydee Castillo...

Entrega de galardóns do III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

O centro sociocultural de Santa Marta, en Compostela, acolleu a...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.