Hip Hop Femenino El Salvador

0 Comentario
6069 Vistas

Durante o mes de abril, mozos e mozas dos centros educativos que forman parte do proxecto Activistas polo Mundo que Queremos, contaron coa presenza de dúas mozas activistas salvadoreñas que loitan día a día contra a desigualdade de xénero a través da música hip hop.

Falar de Hip Hop Femenino El Salvador é falar de dúas xóvenes artistas, activistas e feministas, Yezli Mic (@yezli_mic) e Queen MC (@queen_rap) que fan do hip hop unha ferramenta para o cambio social, o activismo e a promoción da paz, dende unha conciencia política que impresiona e que moito ten que ver co contexto tan hostil no que lles tocou nacer.

Hip Hop Femenino El Salvador fundouse no 2015 co único fin, en principio, de querer xuntar as mulleres rapeiras de El Salvador nunha canción. Sen embargo, durante este proxecto, xurdiron sentimentos de integración e a idea de unirse nunha colectiva de mulleres e para mulleres.  

Expresión, incidencia, protesta, experiencia, desafogo e loita son algunhas das palabras que empregan as mozas ao preguntarlles que é o rap. Algunhas veces sorrindo e outras veces con xeito máis serio, aseguran que o rap «cambia vidas», a música axudounas, empoderounas e incluso lles permite rachar dinámicas machistas no seu día a día. Ser muller nun xénero dominado por homes  trae moitos obstáculos, dende ter que facer fronte a pensamentos relacionados a ser privilexiadas por ser mulleres ata o acoso por parte de organizadores ou insinuacións sexuais a cambio de espazos nos eventos musicais.

Ao longo destes anos, Hip Hop Femenino El Salvador, foi  forxando fortes lazos co movemento feminista, traballando con diferentes organizacións en actividades dedicadas á muller e á defensa do Dereitos Humanos, especialmente Dereitos Sexuais e Reprodutivos. O seu rap reflexa estas cuestións pero tamén aborda a represión social e a violencia que sofren como xóvenes no seu país.

Todo o anterior complementano compartindo coñecementos e experiencias entre a comunidade a través de obradoiros e espazos formativos, porque para elas «no basta con tomar el micrófono, tenemos que hacer algo fuera del escenario por nuestra vida y por las vidas de las demás»

Estas mozas, demostran que arte e activismo van da man e, sen dúbida,  esta mestura está demostrado que produce  atención porque ten a capacidade de conectar e de conmover e por tanto,  causa máis impacto, activa conciencias e crea resistencias antes as problemáticas ás que nos enfrontamos como sociedade.

Deixámosvos un vídeo co que desfrutar da súa música:


Como axudar en Valencia?

Reproducimos o comunicado das nosas compañeiras da Coordinadora Valenciana de...

Cine na rúa e cooperación; unha ventá ao mundo

Viaxar dende a praza do noso pobo a Guatemala a...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.