II Encontro de O Globo
O pasado 19 de decembro, tivo lugar o II Encontro do Globo, un evento virtual do que participamos preto de 80 persoas e que permitiu atoparnos nun espazo común no que compartir micro – experiencias de transformación social promovidas por 17 entidades de Galicia, Guatemala e Bolivia.
Fran Rei foi o maestro de cerimonias durante unha xornada na que tamén coñecimos a Dona Dora, membro de Cholitas Escaladoras de Bolivia e a Mafe Carrero, quen puxo un ton artístico e reivindicativo no espazo, compartindo con nós as loitas das mulleres de Nicaragua, a través da súa proposta de música urbana.
Agradecemos moito ás entidades que presentaron as súas micro – experienciase, das que podedes ler mais premendo enriba dos seus nomes: Adega, Algaravía, Amnistía Internacional de Galicia, As do oito, Boa noite, Coge3, Diversidades, Intercambiador, Promotoras da saúde en Guatemala, The Respect Game, Simbiose, Son árbore e Sustinea. Agradecer tamén ao alumnado e profesorado de distintos centros educativos galegos que aportaron á experiencia dos Faladoiros do Globo, e ao alumnado da Universidade Senior de A Coruña que propuxo a Experiencia que cambiou a lei.
Todo o acontecido foi ilustrado por Idoia de Luxán quen resumiuno na seguinte fermosa ilustración.

Un evento finaciado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.