AMPLIAMOS O PRAZO; II PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL
A Coordinadora Galega de ONGD convoca a segunda edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
Quen pode presentarse ao Premio?
Premiaranse experiencias educativas, proxectos e iniciativas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2020-2021 e/ou 2021-2022.
Poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación. Así mesmo, poderán facelo os grupos gañadores da anterior edición deste premio, sempre que o fagan con proxectos diferentes aos xa presentados.
Prazo e forma de presentación
O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de novembro de 2022 ás 23:59 horas. As solicitudes deberán presentarse por correo electrónico no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org
Máis información e Bases da Convocatoria
Na páxina web da Coordinadora Galega de ONGD pódense consultar e descargar as bases da convocatoria e acceder a toda a información necesaria para participar neste enlace.
Dende Solidariedade Internacional de Galicia animamos aos centros educativos a participar, pois axudará a poñer en valor e a visibilizar o gran traballo levado a cabo polo profesorado nestes tempos onde a educación en prol dun mundo máis xusto e solidario debe ter un merecido recoñecemento.
