III Encontro de O Globo

0 Comentario
5252 Vistas

O 29 de outubro de 2021 tivo lugar o III Encontro do Globo. Nesta ocasión, atopámonos de xeito presencial arredor de 40 persoas, que representaron ás entidades vinculadas ao Globo, promotoras de micro – experiencias de transformación social, integrantes do Prisma, profesorado, mocidade e outras persoas vinculadas á participación social.

Ilustración do III Encontro realizada por Idoia Luxán

O III Encontro do Globo celebrouse no Pazo da Peregrina (Ames), como espazo común cun dobre obxectivo: poñer en valor as micro – experiencias de transformación social que se sumaron no ano 2021, e tamén achegar propostas ao Estudo de participación da mocidade en Galicia que levamos a cabo ao longo deste 2021.

E, por fin, chegou o momento de atoparnos de novo físicamente. Comezamos o III Encontro lembrando o que acontecera un ano antes, enmarcando este III Encontro como un espazo espazo de “chegada” onde amosar as micro – experiencias realizadas, e tamén como un espazo de acollida, onde presentar O Globo a entidades que poidan estar interesadas en participar del e facer rede.

Un ano máis, contamos coas e cos artistas que xa podemos chamar residentes do Globo: a imaxe púxoa Idoia Luxan, a música veu da man de Mafe Carrero, e as risas correron das performances de Fran Rei e Pedro Brandariz. 

O encontro dividiuse en tres actos, seguindo a metodoloxía do Globo: luces, cámara e acción. Na parte das luces aventurámonos a facer unha fotografía dos nosos activismos, aproveitando a diversidade de persoas asistentes ao Encontro, coa idea de observar e comprender as necesidades ás que nos estamos achegando e dende que posicionamentos. O espazo permitiunos coñecer as nosas ideas sobre a participación e sobre como a estamos desenvolvendo.

Na parte de cámara realizamos unha reflexión colectiva que nos permitiu comprender o que estamos facendo con máis alcance. Proxectamos ideas de futuro no ámbito da transformación social e do traballo asociativo e participativo, intentando achegar propostas concretas e útiles para as persoas asistentes e que están implicadas en entidades ou procesos participativos.

Por último, na parte da acción tiveron o protagonismo as micro experiencias de transformación social que se sumaron ao Globo neste 2021: A saúde mental na adolescencia en época de Covid-19afondando na industria láctea sostibleAs rapazas que fixeron rectificar á Unión EuropeaCastañas no veránCoñecemos as desigualdades do noso barrioCoñecendo o Comercio xustoCoidando do noso ceoCreamos o Espazo de troca de saberesLibreMente: promoción da participación e do ocio en prisiónMulleres con motivosO mercadiño de troco de Bico de GraoSensibilizad@sUnha experiencia de cartografía emocional na cidade de Betanzos, e Xerando xustiza para as mulleres bolivianas, coas que conectamos en liña para coñecer a súa labor. 

Neste video de 4 minutos podes ver un resumo de todo o acontecido.

Todo isto foi posible grazas a financiación da Dirección Xeral de xuventude, Participación e voluntariado da Xunta de Galicia.


UN NOVO EQUIPO DIRECTIVO AO FRONTE DA ENTIDADE

O pasado 11 de marzo celebramos a Asemblea Anual de...

O IMPORTANTE É PARTICIPAR. POR INÉS MERAYO

A USC acolle a exposición «O importante é participar», un...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.