Intercambios médicos que fortalecen sistemas; Justo, Javier e Yesenia visitan Galicia

0 Comentario
6471 Vistas

Entre os días 10 e 20 de outubro, Justo Padilla, director rexional da Secretaría de Saúde do Goberno de Honduras, Javier Corrales, coordinador do sistema descentralizado de saúde de San Marcos de Colón e Yesenia Saucedo, xefa de enfermaría do Centro de Saúde Integral San Francisco, participaron dunha estancia en Galicia a través da cal profundizar no funcionamento do noso sistema de saúde e coñecer experiencias replicables no país centroamericano.

Grazas á colaboración do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) e o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), os tres compañeiros puideron achegarse de preto, e da man de profesionais galegos e galegas, aos servizos de atención primaria, urxencias e hospitalización a domilicio (HADO).

A estadía incidiu especialmente no ámbito da saúde sexual e reprodutiva na procura de prácticas que poidan reducir as todavía altas tasas de mortalidade infantil e materna que caracterizan a Honduras, ónde, a día de hoxe, a atención á muller embarazada caracterízase pola precariedade, a limitación de recursos e a ausencia de políticas que favorezan unha atención de calidade.

Durante os seus días en Galicia, Justo, Javier e Yesenia puideron reunirse, tamén, con responsables da xestión do Sistema Galego de Saude coma o propio xerente do SERGAS, Jose Ramón Parada Jorgal, co que exploráronse novas posibilidades de colaboración a futuro.

Videomemoria da visita

Este intercambio enmárcase na estratexia “Comunidades Resilientes desde un enfoque de saúde integral (CORESI 2024-2034)”, financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, que busca mellorar a saúde das máis de 7.000 persoas en 25 comunidades do Municipio de San Marcos de Colón a través do fortalecemento do sistema público de saúde e a promoción de hábitos de vida saudable entre as comunidades destinatarias.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia queremos agradecer o apoio e colaboración do todo o persoal sanitario do CHUAC e do CHOP que fixeron posible esta enriquecedora experiencia.


20 anos da Tenda de Comercio Xusto A Coruña

Pasaron xa 20 anos dende que abriramos aquela primeira tenda...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.