COÑECES AS NOSAS TENDAS?
As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia convidámoste a visitar as nosas tendas de A Coruña, Ourense e Pontevedra.
Somos Alba e Zaida na tenda de A Coruña, Yasmin na de Pontevedra e Lara e Alba na de Ourense. Ademáis de nós, as tendas contan coa valiosa participación de cantidade de persoas voluntarias que, dende fai anos e concienciadas co valor do Comercio Xusto, contribúen a abrir cada día as portas destes espazos de construción de xustiza social.

Alba L. 
Lara 
Yasmin 
Zaida 
Alba F.
Porque cando cruzas as portas das nosas tendas comeza un cambio no que as túas compras pasan a ter un valor engadido. Cando mercas un produto de Comercio Xusto deixas de ser un consumidor e convírteste nun activista do cambio.
Que podes atopar?
Traballamos con cooperativas de Comercio Xusto de tódalas partes do mundo, así ofrecemos artesanía de todo tipo, de calidade e orixinal. Cerámica, xogos infantís, bixutería, instrumentos musicáis, cestería e un larguísimo etcétera de cousiñas feitas con mimo. Ademáis tamén podes atopar cosmética natural certificada, libros en galego con temática social e comprometida, xogos cooperativos para os cativos e por suposto alimentación. Os nosos produtos estrela son o café, o cacao, o té e o azucre, todos eles como ben sabedes son producidos moi lonxe das nosas realidades aínda que sexamos os grandes consumidores deste lado do planeta. Completamos a oferta con galletas, pasta, gominolas, especias…

Todo isto e máis estaremos encantadas de contarcho se te achegas polas tendas, xa que cada persoa que entra non é para nós un simple cliente, se non alguén con quen compartir os nosos valores e principios.
E recorda que, se pertences a unha asociación ou colectivo e precisas un lugar para facer as vosas xuntanzas ou actividades, en Ourense e Pontevedra contamos con espazos axeitados que cedemos de maneira gratuita. Consulta aquí.

