Irene Viaxa a Oriente Próximo!
A paz como eixe central desta nova entrega de «Contos do Mundo»
Cun divertido espectáculo de monicreques e da man da Compañía Cachirulo, preséntase un novo exemplar da colección de contos infantís «Contos do Mundo». Comezamos mañá en Ourense ás 18:00 en Vento do Sul.
Tras moitos quilómetros percorridos por África e América, a protagonista da colección de libros infantís «Contos do Mundo» visita Líbano, Xordania e Territorios Palestinos.
A través das súas aventuras, e das historias recompiladas durante os seus días nesta rexión do mundo, Irene, filla de cooperantes, achegará unha boa parte da cultura e tradicións aprendidas durante a súa viaxe a nenos e nenas.
A todos/as aqueles/as que xa coñecedes a Irene invitámosvos a participar desta nova aventura, aos que aínda non gozastes de ningún dos seus libros esperámosvos para darvos a coñecer esta colección que fala de multiculturalidade, respecto, paz e solidariedade.
A presentación pública de Irene en Oriente Proximo farase a través dun espectáculo de monicreques con entrada de balde e na que se regalarán exemplares gratuítos da obra a todos/as os/as nenos/as asistentes.
A continuación, podes consultar os lugares e datas previstas:
- 27 de DECEMBRO
OURENSE
Vento do Sul (Rúa da Paz, 12)
18:00 horas - 28 de DECEMBRO
VILAGARCIA DE AROUSA
Auditório Municipal
18:00 horas - 2 de XANEIRO
A CORUÑA
Centro Cívico Municipal de Monte Alto
18:00 horas - 3 de XANEIRO
PONTEVEDRA
Galerías da Oliva (fronte á Tenda de Comercio Xusto)
18:00 horas