Irene volve percorrer Galicia!

0 Comentario
4716 Vistas

Hai xa moito tempo que a nosa colección Contos do Mundo visita cada ano bibliotecas públicas de toda Galicia da man do programa de dinamización da lectura en galego Ler Conta Moito.

CONTOS DO MUNDO é unha iniciativa de educación multicultural co que tratamos de promocionar valores coma o respecto e a solidariedade entre nenas e nenos de 6 a 10 anos.

Componse dunha colección de libros infantís nos que Irene, a súa  protagonista e filla de cooperantes, quere amosar a través de contos e  lendas populares os distintos países que ten a sorte de visitar polo traballo dos seus pais.

Tras un ano de parón pandémico, este ano voltamos cunha axenda chea de citas que, ao longo dos vindeiros meses, levará a Irene, ás bibliotecas municipais de Compostela, Soutomaior, Marín, Oleiros e A Mezquita.

Estade atent@s ao noso apartado de eventos que iremos publicando cada sesión para que vos podades achegar!

E, como mostra, a intervención da nosa compañeira Maria Caride hai uns días na biblioteca Manuel María de Oleiros.


Ponte ao día! Un xogo dixital sobre cooperación internacional

Dentro do programa Somos Ponte, promovido pola Coordinadora Galega de ONGD...

Contos sobre Oriente Próximo en A Coruña

O pasado 11 de decembro, as nosas compañeiras María e...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.