La Chola Bocona, unha visita ben especial!

0 Comentario
4660 Vistas

“Para ser chola, hay que ser bocona”. Este é o lema de Yola Mamani, muller boliviana indíxena Aymara. Estas verbas tan potentes que chaman a atención xa na primeira escoita, énchense de sentido con cada unha das historias e reflexións que nos conta Yolanda Mamani, “La Chola Bocona”. Historias que viven milleiros de mulleres indíxenas, e reflexións que a levaron a onde se atopa a día de hoxe, a ser activista, youtuber e locutora de radio.

Yola Mamani en Ourense

O pasado venres, 25 de xuño, tivemos o pracer de recibila como membro de Mujeres Creando, entidade coa que colaboramos dende Solidariedade Internacional de Galicia, para compartir o seu sentir e o seu saber como muller, chola,  extraballadora do fogar e feminista.

Yola, partindo da súa experiencia, conta e reivindica por todos os medios a discriminación que sofren as mulleres indíxenas polo simple feito de selo. Salienta que na súa nenez, no eido dunha comunidade aymara, sentíase libre de prexuízos, mais o cambio do rural á cidade mudou completamente a súa visión e concepto de ser. A chola comeza a selo nos ollos do outro.

Emigrou do campo á cidade a moi curta idade para traballar como empregada asalariada do fogar, onde comezou a sentir a discriminación por parte dos patróns, quen, co falso discurso de “ser parte da familia”, tentaban arrincar a súa identidade e a súa voz.

A través do sindicato Trabajadoras del Hogar con Orgullo y Dignidad, ao que chegou na busca dos seus “pares”, comezou a erguer a voz para reclamar os seus dereitos como empregada do fogar, experimentando un proceso simultáneo coa reivindicación da súa identidade como chola. Así, tras un longo proceso de reflexión, concluíu que “en el momento que decides ser chola eres rebelde”.

Yola declara que na cidade non se aceptan outras identidades; “intentan que te desprendas de todos los elementos que te caracterizan para que te parezcas más a ellos y a su modelo de desarrollo y progreso, sin embargo, al mismo tiempo, te hacen responsable de la preservación da la cultura y la tradición y te exhiben como reclamo turístico(…)te dicen cual es tu sitio, dónde y cómo debes moverte por la ciudad y cuanto espacio puedes ocupar (…) los hombres se sientan con las piernas abiertas en el bus, ocupando doble espacio, y nadie les dice nada, pero las Cholas van con su pollera y si rozan a alguien ya les recriminan”

Asi, coa mirada crítica que a caracteriza, Yola Mamani denuncia a existencia dunha apropiación cultural dende unha perspectiva mercantilista da identidade das cholas: “quieren nuestras cosas pero no nos quieren a nosotras”. Ademais, denuncia firmemente que dende a perspectiva branca a realidade das cholas é obxecto de investigación, pero nunca se ceden espazos para que sexan elas as que compartan as súas realidades. “Tenemos nuestro propio pensamiento, podemos hacer propuestas, tenemos voz”.

 “Tuve que tomarme un tiempo para reflexionar y decidir quién quería ser. Me dí cuenta que si me hubiera cambiado de imagen, habría acabado discriminando a otras cholas y siendo, quizás, más racista que otras personas blancas”.

Hoy, tanto mediante o seu canle de YouTube “Chola Bocona” como dende o programa de radio “Radio Deseo”, Yola, sen buscar convencer a ninguén, fala sobre o seu pensamento e sentir e invita á rebeldía, á discusión e ao pensamento crítico, e reclama os seus dereitos como chola, como indíxena, como muller e como feminista: “Cuando respondes y le das la vuelta a los insultos, la gente ya no te dice nada más y tú te vuelves más fuerte: soy india, ¿y qué?”.

Canal de Youtube La Chola Bocona

Grazas Yola, pola túa visita e por compartir os teus pensamentos!


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.