MERCADIÑOS MÓBILES E SEGURIDADE ALIMENTARIA

0 Comentario
8301 Vistas

Poñemos fin ao proxecto desenvolto nos municipios de Jocoaitique, Meanguera e Arambala, na zona norte de Morazán, departamento de El Salvador, xunto á nosa organización socia Asociación Salvadoreña Promotora de la Salud.

Ao longo destes 18 meses, reforzouse a seguridade alimentaria a través da posta en práctica dos coñecementos adquiridos polas persoas participantes en materia de hortas familiares, produción e consumo de alimentos saudables e consumo local. Esta iniciativa permitiu, así mesmo, fortalecer o traballo da Mesa da Microcuenca á que pertencen os tres municipios e a súa aposta polo liderado comunitario, con especial énfase no liderado das mulleres e o seu protagonismo na protección do medio ambiente. Ao tempo reforzaronse as accións de coidado medioambiental da poboación dos municipios.

Unha das accións levadas a cabo para facer fronte á inseguridade alimentaria que sofre a zona foron os mercadiños móbiles, unha iniciativa que promove o acceso a alimentos saudables cultivados localmente con enfoque agroecolóxico. Os alimentos que alí se venden son produtos xerados nos hortas familiares apoiadas a través do proxecto.

Así pois, estas hortas, ademais de garantir unha mellora significativa na dieta alimenticia, permítenlles ás familias xerar ingresos adicionais a través da comercialización e venta dos produtos nestes mercadiños locais.

Este proxecto levouse a cabo grazas á financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


Rexeitamos calquera manifestación de odio, racismo e xenofobia

Torre Pacheco, Alcalá de Henares ou Anoia son algúns dos...

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.