MUJERES CREANDO EN GALICIA
Temos o pracer de anunciar a visita a Galicia de tres representante do colectivo feminista MUJERES CREANDO de Bolivia, un dos movementos máis relevantes en América Latina tanto polo seu traballo directo con mulleres vítimas de diversas violencias (sexual, económica, laboral…) como pola sua acción política e social neste eido.
En concreto visitarannos Raiza Zeballos (psicóloga responsable do programa Mujeres en Busca de Justicia), Mayra Rojas (avogada feminista recoñecida polo seu traballo contra a usura bancaria) e Emilana Quispe (responsable do comedor da casa La Virgen de los Deseos). As tres representan unha visión ampla, plural e diversa deste importante colectivo no contexto latinoamericano.
Solidariedade Internacional de Galicia traballa acompañando a Mujeres Creando nas súas loitas a través de proxectos de Cooperación Internacional e, coa súa presenza en Galicia, pretendemos visibilizar e poñer en valor a trascendencia do seu traballo e favorecer espazos de intercambios de experiencias no ámbito da loita contra as violencias machistas.
A continuación podes consultar os actos programados nas principais cidades galegas;
–Santiago, o día 23 de novembro na libraría Lila de Lilith ás 19:30.
–A Coruña, o día 25 na Normal (UDC) ás 17:30 horas e
–Lugo, o día 26 no Vello Cárcere ás 18:00.
Esta visita é posible grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Podes solicitar máis información en direccion@solidaridadgalicia.org.