Aberta a convocatoria do Premio Galego de Educación para Desenvolvemento e Cidadanía Global

0 Comentario
6702 Vistas
O propósito desta cuarta edición do galardón é recoñecer experiencias educativas transformadoras, realizadas durante o curso escolar 2024/25 ou 2025/26, que fomenten unha cidadanía solidaria e crítica.

A cuarta edición do Premio Galego de Educación para Desenvolvemento e Cidadanía Global xa esté en marcha, coa publicación este 9 de febreiro das bases desta nova convocatoria.

Poden presentarse ao Premio docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación.

O requisito fundamental é ter desenvolvido durante o curso 2024-25 e/ou 2025-26 experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo máis xusto.

Momento del acto de entrega en edición anterior

As bases inclúen información detallada, como lugar e prazo de presentación de candidaturas, documentación requerida e criterios de valoración das propostas. Así como a composición do xurado, os prazos de resolución e datas orientativas de actos e viaxes.

As experiencias premiadas no certame recibirán un elemento distintivo para o centro, así como diplomas para o alumnado e certificados para o equipo docente. Ademais da publicación das iniciativas e da asistencia e participación protagonista na gala de entrega de premios.

Pero ademais  o Premio ofrece por segundo ano unha viaxe a un proxecto de cooperación internacional en Guatemala -cos gastos da viaxe pagados- para un máximo de dous docentes por cada proxecto gañador.

Dende a Coordinadora Galega de ONGD animamos a todos os docentes e centros galegos que desenvolven experiencias educativas nesta liña a participar nesta nova convocatoria!

Amplía a información e descarga as bases clicando aquí!


Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.