O 8M pechamos!

0 Comentario
4008 Vistas

A sociedade coma un gran corpo, e unha das enfermidades deste gran corpo o machismo, convertido xa en doenza crónica. Como toda enfermidade, ten os seus síntomas e nós coñecemos e combatemos algúns deles; en Guatemala a taxa de analfabetismo das mulleres indíxenas é do 48%, no 2020 foron asasinadas 278 mulleres en Honduras e o 17% das adolescentes de entre 15 e 19 años ten, a lo menos, un fillo, en O Salvador tan só o 12% das persoas produtoras agropecuarias propietarias de terras son mulleres, en Bolivia a brecha laboral é abafadora e o teito de cristal evidénciase en que tan só representan o 27% dos postos en gabinetes ministeriais. En Galicia, durante a pandemia, o número de mulleres expulsadas ao paro duplica o de homes.

Pero ademais de síntomas, esta enfermidade ten tamén efectos secundarios na vida das mulleres como esgotamento físico e mental, tensión, ansiedade, depresión, vulnerabilidade, e, quizás o máis cruel deles, o medo. Un medo permanente instalado no máis profundo de cada unha que nos limita, nos coarta e nos impide ser, estar e vivir en liberdade plena. Os síntomas e os efectos secundarios desta doenza afectan ao conxunto do corpo social, a todos os seus órganos e tecidos, en todo o planeta, pois o machismo tamén é unha pandemia global, crónica e permanente.

Por iso, hoxe, en Solidariedade Internacional de Galicia pechamos!



III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.