O Comercio Xusto e o futuro
Hai uns días tivemos a oportunidade de reflexionar, da man dun nutrido grupo de expertos, sobre os impactos pasados e os retos futuros que enfronta o movemento social do Comercio Xusto. Do mesmo xeito que antes o fixeramos cos representantes do movemento en Galicia, agora foi o turno de abordar o debate con aquelas persoas que forman parte das cooperativas produtoras, as principais importadoras en España ou as certificacións de Comercio Xusto.
Participaron da sesión Álvaro Goicoechea (Fairtrade Ibérica), Andrea Fuentes (Coordinadora Latinoamericana y del Caribe de Pequeños Productores y Trabajadores de Comercio Justo) Exolina Aldana (Comulacs, cooperativa de comercio xusto de Nicaragua), Juanjo Martínez (World Fair Trade Organization-WFTO Europe), Luis Ruiz (Manduvirá cooperativa de comercio xusto de Paraguay), Marta Mangrané (Ideas Cooperativa de Comercio Justo) e Rosa Guinot (AlterNativa3 S.C.C.L).
Xunt@s profundizamos nas preguntas chave dunha investigación que, dende Solidariedade Internacional de Galicia, estamos a levar a cabo e que ten coma fun último fortalecer as capacidades dun importante movemento que, parece, afronta certo debilitamento.
Esta iniciativa forma parte do proxecto «O movemento social do Comercio Xusto como exercicio de cidadanía global; unha contribución á consecución da axenda 2030 dende Galicia», financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, no que, ademáis, e ao longo dos vindeiros meses poremos en marcha distintas iniciativas que contribúan a fortalecer a presenza do Comercio Xusto en Galicia.
