O movemento social do Comercio Xusto en Galicia
Hai xa 25 anos que Solidariedade Internacional de Galicia traballa na promoción do Comercio Xusto como ferramenta de transformación social que procura consumidore/as conscientes e condicións laborais dignas para as persoas traballadoras de países empobrecidos.

O Comercio Xusto chegou a Galicia da man de diferentes asociacións e colectivos que nestes días estamos a reflexionar sobre a evolución, o impacto e os desafíos deste movemento que xa superou a maioría de idade.
No marco do proxecto «O movemento social do Comercio Xusto como exercicio de cidadanía global; unha contribución á consecución da axenda 2030 dende Galicia», financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, ao longo dos vindeiros meses poremos en marcha distintas iniciativas que contribúan a fortalecer a presenza do Comercio Xusto en Galicia.