“Os pousos do café” co gallo do Día Mundial do Comercio Xusto

0 Comentario
6359 Vistas

Hai agora dous anos, a cidade de Pontevedra acollía a estrea de “Os Pousos do café”, unha curtametraxe de Solidariedade Internacional de Galicia que, dende entón, ten percorrido Galicia en proxeccións das que teñen participado milleiros de persoas.


Neste 2025, e de novo para conmemorar o Día Mundial do Comercio Xusto, queremos facer pública esta fermosa historia de amizade que conta as vidas que agochan as plantacións de café.

Trailer «Os pousos do café»


Paula Molina e Ana María Gutiérrez, compañeiras na cooperativa ATAISI da República do Salvador, son as protagonistas deste filme que narra as relacións que se tecen entre as traballadoras, todas mulleres, dunha asociación que se veu obrigada a pelexar para abrirse camiño nun mundo de homes e para lograr a distinción coa etiqueta de comercio xusto.
“Os pousos do café” estrearase en aberto no canal de YouTube de Solidariedade Internacional de Galicia, o vindeiro sábado, 10 de maio, ás 11:00 horas.

Curtametraxe «Os pousos do café»


Unha nova oportunidade de coñecer e festexar o Comercio Xusto!


Rexeitamos calquera manifestación de odio, racismo e xenofobia

Torre Pacheco, Alcalá de Henares ou Anoia son algúns dos...

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.