Padrón merca Con Sentido

0 Comentario
439 Vistas

Padrón merca Con SentidoO pasado domingo día 4 de xullo tivo lugar no concello de Padrón a campaña Comercio con-Sentido onde membras e membros de Solidariedade Internacional de Galicia realizaron varias actividades indagando nas diferentes formas de comercialización tradicional de varios produtos coma o cacao, o té, o café, o azucre e o algodón que se obteñen de xeito case ilícito vulnerando os dereitos laborais de moitas persoas.

Sabemos que a maioría da poboación en xeral non é consciente de que os produtores e produtoras no Sur son sistematicamente explotados a cambio dun salario mísero, por iso é moi importante que se leven a cabo estas campañas e que cheguen ao maior número de xente posible. Afortunadamente o concello de Padrón opina do mesmo xeito, e brindounos esta magnífica oportunidade de poder difundir esta realidade tan incómoda e silenciada en tantas ocasións.

A campaña de Solidariedade Internacional de Galicia «Comercio Con-Sentido» en Padrón contou con cinco stands onde se daba información sobre a realidade «escura» que rodea a algúns alimentos que soemos consumir na nosa vida cotiá como son o café, o té, o algodón, o cacao e o azucre. Produtos cuxa procedencia cultural nos son afastadas e cunha poboación que sufre o azote da presión das grandes compañías. Asemade, se aportaban outros datos relacionados coa súa orixe, variedades, características e curiosidades… Como colofón, os e as asistentes puideron deleitar dunha ampla variedade de refrixerios de Comercio Xusto.

Por outra banda, os stands estiveron acompañados dunha exposición de 11 despregables onde se recollía información xeral sobre as normas que rexen o comercio internacional representadas a traveso destes cinco comestibles que consumimos tan habitualmente. Ditos despregables recollen todo o proceso de producción e comercialización achegándonos á magoada realidade do productor ou productora a causa do férreo control de prezos que exercen as multinacionais.


Salvados, polo comercio xusto

O pasado domingo, o programa Salvados, conducido por Jordi Evole,...

11 de maio de 2013 Día Internacional do Comercio Xusto

Nese día as organizacións solidarias de Galicia xúntanse nas súas...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.