Ponte ao día! Un xogo dixital sobre cooperación internacional

2 Comentarios
5575 Vistas

Dentro do programa Somos Ponte, promovido pola Coordinadora Galega de ONGD co financiamento da Deputación de Pontevedra- nace Ponte ao Día!un xogo dixital para comprobar canto sabes sobre cooperación ao desenvolvemento e sobre os países do Sur Global.

Ponte ao Día! é algo así como unha pequena volta ao mundo da man da cooperación a través de cinco preguntas, tres respostas posibles e unha explicación ao respecto en cada partida.

Ademais, ofrece información sobre cooperación descentralizada a través da experiencia da propia Deputación de Pontevedra, xa que algunhas das preguntas deste trivial teñen que ver con proxectos financiados pola institución provincial, entre os que se atopan os desenvolvidos por Solidariedade Internacional de Galicia da man da organización Pro-vida no Salvador. Deste modo, ademais de xogar e aprender un montón de cousas diversas, poderás ver en que se materializa o lema “Compromiso local, xustiza global” que acompaña a Somos Ponte.

Aprender xogando sobre o mundo que nos rodea

Ponte ao Día! conecta realidades próximas e lonxanas coa cooperación galega, a través de preguntas pensadas para un abano amplo de coñecemento: cantos idiomas falan en Guatemala, cantos cafés lle custa a unha persoa de Pontevedra a cooperación ao desenvolvemento, cantos ODS compoñen a Axenda 2030, que é a xenofobia ou quen é Berta Cáceres, entre outras moitas.

Ponte ao Día agarda por ti, accede ao xogo a través da seguinte imaxe!




Liderados Xuvenís Transformadores

Levamos un tempo á procura de Liderados Xuvenís Transformadores, indagando...

10 anos de Banca Ética en Galicia

O pasado 19 de febreiro, as entidades e as persoas socias...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.