Por Manuela, xustiza e esperanza!

0 Comentario
4722 Vistas

Desde Solidariedade Internacional de Galicia unímonos ao chamado de #HistoriasQueNosCambian , unha iniciativa latinoamericana que loita polo recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

Nunhas horas dará comezo a audiencia na Corte Interamericana de Dereitos Humanos do caso de Manuela e familia VS O Salvador. Manuela foi unha muller salvadoreña condenada en 2008 a 30 anos de prisión por homicidio agravado debido a un aborto que sufriu involuntariamente por complicacións obstétricas no último mes de embarazo. Chegou ao hospital inconsciente, cunha forte hemorraxia, e foi atendida de maneira hostil pola doutora, quen presentou unha denuncia policial contra Manuela acusándoa de practicarse un aborto voluntariamente. Esposada na cama do hospital e aínda recuperándose do trauma físico e emocional da perda, foi sometida a un interrogatorio policial sen a presenza dun avogado e, días máis tarde, detida e encarcerada. Un ano despois, en prisión, diagnosticáronlle un cancro linfático que non foi debidamente atendido, morrendo presa o 28 de abril de 2010.

O Salvador, ten un dos marcos legais más restritivos do continente americano en materia de aborto. Desde 1998, o acceso a este servizo de saúde atópase penalizado en TODAS as circunstancias e en 1999, chegouse a recoñecer na Constitución como persoa a “todo ser humano desde o instante da concepción”. Isto supuxo que, entre o 2000 e 2019, identificáronse 181 casos de mulleres que sufriron emerxencias obstétricas e foron criminalizadas por aborto ou por delito de homicidio agravado, o cal contempla penas privativas da liberdade de ata 50 anos.

É por iso que nos levantamos en contra de toda persecución penal do aborto e a favor da libre decisión das mulleres nos seus corpos. Manuela e a súa familia merecen xustiza e reparación e esiximos que a súa historia non se repita.

Por Manuela, por todas #ManuelaJusticiaYEsperanza .



Rexeitamos calquera manifestación de odio, racismo e xenofobia

Torre Pacheco, Alcalá de Henares ou Anoia son algúns dos...

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.