Por un mundo máis habitable

0 Comentario
4348 Vistas

Continuamos a apoiar o traballo que realiza a asociación guatemalteca MejorHa para favorecer o desenvolvemento integral da Rexión VIII de Jocotán, no departamento de Chiquimula.

El Nanzal, unha das comunidades da rexión, solicitou apoio a MejorHa para mellorar as condicións de habitabilidade da súa comunidade. Viron a necesidade de dar continuidade ao proceso xa iniciado de dotación de cociñas ecolóxicas para as familias e dar cobertura así ao 100% da súa poboación. Tamén, a de atender outra das súas necesidades máis imperiosas, a de garantir a subministración de auga potable tanto a nivel domiciliar como na Escola Oficial Rural Mixta de Educación Primaria.

Cociña en El Nanzal

Actualmente, 28 familias da comunidade, aínda usan para cociñar un sistema rústico de fogón aberto o cociñan no chan. Ningún dos métodos conta cun sistema de cheminea para a canalización do fume ao exterior da vivenda, o que xera numerosas enfermidades oculares e das vías respiratorias. Ademais, estes sistemas teñen outros efectos negativos, como o alto consumo de leña, agravando a deforestación dos bosques da rexión, ou a man de obra familiar que requiren para o corte, recolección e carrexo, tarefa que fundamentalmente recae nas mulleres e nas nenas e nenos.

Doutra banda, a pesar de que a comunidade conta cun sistema de auga, este non é adecuado, xa que en época de verán, cando o caudal diminúe, a metade das familias vense sen subministración. Ademais, o tanque non conta cun sistema potabilizador do auga, polo que o sistema actual contribúe á propagación de enfermidades de orixe hídrica.

Grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, construiranse, de maneira participativa y con materiais ecolóxicos, cociñas aforradoras de leña que reducirán a emisión de fume contaminante e facilitarán o proceso de cociñar para estas familias, dotándoas ademais cun kit de cociña. Así mesmo, mellorarase o acceso e calidade da auga para consumo familiar e escolar  e preténdese reforestar e protexer a zona de captación de auga.

A propia comunidade conta con fontaneiros e electricistas comunitarios, que se encargarán do mantemento dos sistemas e así garantir a sostenibilidade do proxecto.


UN NOVO EQUIPO DIRECTIVO AO FRONTE DA ENTIDADE

O pasado 11 de marzo celebramos a Asemblea Anual de...

O IMPORTANTE É PARTICIPAR. POR INÉS MERAYO

A USC acolle a exposición «O importante é participar», un...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.