Por un pacto galego contra a pobreza

2 Comentarios
340 Vistas

Por un pacto galego contra a pobrezaO pasado 17 de outubro, tivo lugar en Vigo a manifestación que serviu de peche da “Semana Galega Pobreza Cero”.   Unha semana na que outras moitas cidades galegas como Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol ou A Coruña acolleron distintas actividades nas que centos de galegos e galegas puideron mostrar o seu compromiso na loita contra a pobreza.

A Campaña Pobreza Cero constitúe unha das maiores mobilizacións que cada ano, arredor do 17 de outubro, teñen lugar en España e en Galicia, e na que participan a case totalidade das ONGD españolas e galegas, entre elas, Solidariedade Internacional de Galicia.

Nesta ocasión o obxectivo da campaña en Galicia centrouse na reivindicación dun Pacto Galego contra a Pobreza no que os partidos políticos con representación no parlamento galego comprométanse a por en marcha  as medidas políticas que require o cumprimento dos Obxectivos do Milenio.

Por un pacto galego contra a pobrezaE precisamente por este motivo, o pasado día 16 de outubro, os membros da Comisión de Incidencia da Coordinadora Galega de ONGD´s reuniron no Consello da Cultura Galega a representantes das diferentes forzas políticas galegas, así coma outros actores representativos da sociedade ós que instamos  a impulsar a firma dese pacto cuxos contidos poderíanse resumir en:

  • Compromisos para aumentar a Axuda Oficial ao desenvolvemento, ata acadar o 0,7 % do PIB da Comunidade Autónoma.
  • Compromisos na potenciación de campañas de sensibilización para a cancelación da Débeda externa.
  • Compromisos co cambio das políticas comerciais inxustas que rexen as relacións económicas cos países do Sur; consumo responsable, compra pública ética, comercio con xustiza…

Por un pacto galego contra a pobrezaSolidariedade Internacional de Galicia, como membro da Comisión de Incidencia política da Coordinadora Galega de ONGD´s, está a participar activamente deste iniciativa que, o pasado día 16, non fixo máis que sentar as bases dun proceso que deberá culminar coa firma dese Pacto galego contra a Pobreza.


Semana galega de movilización contra a pobreza

Para denunciar, visibilizar e esixir responsabilidades á Xunta de Galicia...

Concerto "Pobreza Cero" en Vigo

Xoves 3 de Decembro - 21:00h Sala Mondo (Rúa Joaquín...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.