Artesanía infantil

Artesanía infantil

E como as crianzas son moi importantes para nós, a artesanía infantil non podían faltar nas nosas tendas.

Xoguetes de madeira e algodón cheos de cores que farán soñar aos peques da casa, perfectos para inventar historias e que o xogo e a imaxinación enchan a casa de sorisos.

Mochilas e bolsas para a merenda con deseños moi divertidos e orixinais.

Móbiles que decoran e dan vida os rincóns da casa onde as crianzas son as protagonistas.

Quebracabezas ecolóxicos, feitos con materiais sostibles e cuns debuxos marabillosos.

Unha artesanía única, empapada de xustiza social, repecto ás culturas e coidado polo medio ambiente.

Porque outra maneira de xogar é posible. Porque eses pequenos cambios comezan por falarlles as crianzas de cómo se fan os seus xoguetes, de cal é a procedencia da mochila que leva todos os días o colexio e de que os materias cos que están feitos son respetuosos ca natureza.

Coñecer dende ben pequenas e pequenos en que consiste o Comercio Xusto é semente do cambio que queremos ver no mundo.

Categoría: