Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Artesanía
A nota de cor das nosas tendas pona a artesanía. Unha artesanía que nos fai viaxar por todo o mundo. Dende a India ata Guatemala, pasando por Ghana e Bali. Todos os produtos que temos están feitos por artesáns e artesás que pertencen a pequenas cooperativas que traballan baixo criterios de Comercio Xusto, preservando a tradición e a cultura na produción local.
Pezas únicas que teñen o valor engadido da xustiza social, o respecto polas culturas e o medio ambiente.
Instrumentos musicais de diferentes partes do mundo, móbiles que colgan do teito cheos de cor e de vida, bolsos, bixutería, cerámica, marcos de fotos, caixas, artigos de decoración…Un sen fin de artesanía de diversos materias e procedencias que non te deixarán indiferente.
Ao escoller este tipo de artigos, optamos por outro modelo de mundo mais igualitario, no que non so se ten en conta os valores económicos, senón tamén os sociais e ecolóxicos. Ademais, co Comercio Xusto colaboramos co desenvolvemento das comunidades do Sur.