Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Téxtil de Atípica Guatemala
Atípica Guatemala é unha marca ética de roupa e accesorios que ten base no Lago de Atitlán. Promove o traballo feito a man de mulleres artesás mayas dos pobos orixinarios Tz´utujil, Quiche´e Kaqchiquel, para promocionar e comercializar os seus produtos.
As pezas e complementos feitos a man, conservan as raíces e tradicións dos pobos mayas. As técnicas de trenzado e tecido son dun coidado e calidade inigualables.
Atípica busca crear relacións de traballo sostibles a longo prazo cos grupos e cooperativas de produtoras artigos típicos, a través da creación de deseños modernos e durables, feitos con algodón orgánico, reciclaxe de huipiles e teas, uso de pel e tinguiduras naturais.
Nas nosas tendas de Comercio Xusto poderás atopar pezas únicas que contan historias de vida, as das mulleres que as fixeron posibles.
Cando consumes moda ética, contribúes ao benestar e desenvolvemento económico das produtoras e produtores e as súas familias.
Neste vídeo podes ver algún dos nosos produtos.