Cacao

O Cacao é o produto das nosas tendas que mais nos fai sorrir, a variedade é ampla e a calidade excelente. Temos:

  • Cacao en po puro
  • Cacao en po con panela integral
  • Chocolate en tabletas do 70%, 80% e ata 98% de cacao e incluso elaboradas con cacao cru
  • Chocolate en tabletas con misturas de froitas e froitos secos sorprendentes como por exemplo, chocolate con avelás caramelizadas ou chocolate con limón e xenxibre, entre outros moitos.
  • Tamén contamos con chocolate sen azucre engadido.

A calidade caracteriza sen dúbida estes produtos elaborados a base de cacao ecolóxico e de Comercio Xusto. Estamos convencidas de que o trato Xusto ás persoas produtoras e o coidado do medio ambiente teñen moito que ver co excelente resultado que se obtén.

Este cacao non só se diferencian por a calidade do resto dos do mercado convencional, é certo que tamén se alcanzan sabores boísimos, pero tamén é certo que a loita contra a explotación laboral e ecolóxica son valores engadidos que, no caso do cacao, só o Comercio Xusto pode certificar.

Cultivos que en Galicia non temos.

A cadea de distribución formada exclusivamente por organización sen ánimo de lucro garanten o prezo Xusto tamén para nós, os consumidores e consumidoras.

Categoría: