Té e infusións

Té e infusións

A variedade de infusións que ofrecemos é moi ampla e todas teñen en común as características propias do Comercio Xusto.  Alcanzase unha calidade excelente gracias as organizacións e as persoas produtoras  que traballan en condicións xusta e equitativas coidando dos cultivos onde as plantas do té son autóctonas a través de prácticas respectuosas co medio ambiente e de forma ecolóxica.

Nas nosas tenda poderás atopar:

  • Té verde, negro, vermello, branco, azul e roiboos
  • Distintas orixes xeográficas, Ceylan (Sri Lanka), Sudáfrica, China, etc…
  • Sorprendentes misturas con froitas e flores, dende o clásico Earl Grey, pasando por té verde con Xasmín ata té negro con mazá e especias.

Tanto as infusión a granel como en bolsiñas individuais de papel veñen en envases de cartón

As condicións de comercio Xusto promoven a xustiza social, o respecto polo Medio Ambiente e a economía sustentable das organización produtoras e das súas comunidades, estes son os valores engadidos  que diferencian as nosas infusións das do mercado convencional.

A cadea de distribución formada exclusivamente por organización sen ánimo de lucro garanten o prezo Xusto tamén para nós, os consumidores e consumidoras.

Categoría: