Xogos cooperativos e papelería ecolóxica

Xogos cooperativos e papelería ecolóxica

Ekilikua é un proxecto editorial que aborda a educación en valores a través do xogo e a ilustración.

Nas nosas tendas atoparás xogos de mesa cooperativos para nenos e nenas de todas as idades. Este tipo de xogos favorecen a interacción entre as persoas e o xogo en familia.

Xógase para conseguir un obxectivo común e superar desafíos ou obstáculos, e non para superar aos demais.

A través de mundos de fantasía e aventura abórdanse valores e temáticas como a igualdade, ecoloxía, interculturalidade, cooperación, comercio xusto, Dereitos Universais…

Ademais dos xogos, Ekilikua tamén ten papelería ecolóxica.

Nas nosas tendas poderás atopar axendas, calendarios e cadernos relacionados co desenvolvemento sostible. Todo feito en colaboración con empresas locais e baixo garantías medioambientais.

Ekilikua invítanos a soñar e a mergullarnos nas súas  marabillosas ilustracións cheas de cor e con historias fermosas que che emocionarán e che farán rir a partes iguais.

Categoría: