Promover a participación!

0 Comentario
4611 Vistas

En Solidariedade Internacional de Galicia entendemos a participación coma unha acción colectiva, activa, crítica, responsable e comprometida orientada ao ben común, co fin de mudar dinámicas xeradoras de desigualdade e inxustiza ofrecendo solucións locais a problemas globais. A cultura participativa susténtase en prácticas e en metodoloxías que poden aprenderse e introducirse dentro das organizacións para acrecentar a súa capacidade de resposta diante dos retos aos que se enfronta. A participación é un concepto intimamente ligado á idea de democracia.

Dende esta lóxica, cada ano traballamos con centos de mozos e mozas tratando de que vexan a participación como unha oportunidade. Mediante sesións de traballo e acompañamento, profundizamos con eles e elas na importancia da participación social e deseñamos micro-experiencia de transformación social relacionadas coas súas propias inquedanzas, facendo xa deste proceso un espazo no que experimentar a participación.

Grazas a unha subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao longo deste 2021 traballaremos nesta liña con preto de 100 persoas de diferentes colectivos das catro provincias galegas.

Esta semana, comezamos a facelo da man da entidade Mestura con 12 rapaces e rapazas que demostraron que se de cambiar o mundo se trata, eles e elas tamén teñen moito que dicir e que facer.

Se estás interesad@ en participar desta iniciativa podes contactar con nos en sensibilizacion@solidaridadgalicia.org.


Rexeitamos calquera manifestación de odio, racismo e xenofobia

Torre Pacheco, Alcalá de Henares ou Anoia son algúns dos...

Un paso máis no noso compromiso co Comercio Xusto

En 2025, Solidariedade Internacional de Galicia dá un salto significativo...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.