Por unha saúde integral no Corredor Seco
A OMS afirma que “o goce do grao máximo de saúde que se poida lograr é un dos dereitos fundamentais de todo ser humano”. Pero para que isto sexa posible necesítanse uns servizos de saúde de calidade e calidez, unha contorna saudable, unha vivenda adecuada e unha alimentación nutritiva.
Nestes aspectos está a traballar Sur en Acción en Honduras, co apoio de Solidariedade Internacional de Galicia xunto a Sólida e Solidariedade Galega e co financiamento da Xunta de Galicia, co obxectivo de contribuír á mellora da saúde integral das 17 comunidades atendidas polo Centro Integral de Saúde (CIS) de San Francisco, en San Marcos de Colón, Choluteca.
Esta zona atópase n
o Corredor Seco, unha franxa de territorio que abarca desde o sur de México ata Panamá e que sofre unha situación crítica debido a un drástico cambio no réxime de choivas. Esta rexión é a máis densamente poboada de Centroamérica, cunha poboación de 10,5 millóns de persoas, das que cerca do 60% vive en situación de pobreza.
Respecto á situación sanitaria na nosa zona de actuación, preséntanse varios problemas como as características xeográficas que dificultan a accesibilidade ao centro sanitario, o escaso equipo e mobiliario médico, as carentes infraestruturas sanitarias, o medio ambiente altamente contaminado e as prácticas inadecuadas de cultivo e falta de hábitos e vivendas saudables da comunidade.
É por iso que, a través deste proxecto, está a realizarse un traballo en tres planos interconectados: sanitario, sociofamiliar e ambiental. No plano sanitario, está a reforzarse a cobertura sanitaria de CIS mediante a capacitación do equipo profesional e a mellora da súa infraestrutura e equipamento sanitario. No plano sociofamiliar, se apoderará ás familias e axentes educativos comunitarios a través da promoción de novos hábitos, estilos de vida resilientes e vivendas saudables mediante a aplicación da metodoloxía “promovendo contornas saudables” con enfoque de dereitos. No plano ambiental, abordarase a seguridade alimentaria das comunidades a través do desenvolvemento de iniciativas de diversificación produtiva sostibles e respectuosas co medio ambiente e con enfoque de ecoloxía feminista.
Ademais, preténdese mellorar a xestión do coñecemento do proxecto para unha futura replicabilidade da experiencia noutras áreas do Corredor Seco e mellorar así a calidade de vida da zona.
Podemos consultar nesta ligazón a avaliación final do proxecto.


