REFLEXIÓNS E APUNTAMENTOS SOBRE AS VIII XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL

0 Comentario
7856 Vistas

Fai unhas semanas, celebramos na Facultade de Ciencias da Educación as “VIII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global; Currículo e acción social para a transformación”. Foi unha xornada intensa, con quenda de mañá e de tarde, con formatos e relatores/as diversos/as.

Un logro do equipo organizador radicou en conseguir inserir este evento no tempo lectivo das titulacións de Grao en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria e Grao en Educación Social, xa que as xornadas se constituíron como “Xornadas de Formación de Prácticum II”, o que nos brindou a oportunidade de contar con máis de 275 persoas participantes, na súa maioría alumnado universitario destas titulacións, pero tamén con profesorado do resto de etapas educativas e persoal técnico e voluntario de diversas entidades, ONGs e colectivos sociais interesados en traballar esta temática.

Organizar un evento destas dimensións non é doado porque son moitos os detalles aos que prestar atención: loxística, custes, desprazamentos, persoas, relatorías, programa, espazos, permisos, difusión e cuadraturas de axendas diversas… Toda unha suma de pequeniñas tarefas e particulares que precisan encaixar á exactitude para que o resultado final se materialice nun funcionamento acompasado e sincrónico que permita que o acto discorra fluidamente e sexa quen de estar á altura das expectativas dun número tan elevado de asistentes. Todo un crebacabezas que armar, onde cada peza ten o seu lugar específico e onde todas elas son necesarias por igual. Atopar os lugares correctos de cada peza e rodeala das pezas lindeiras axeitadas para que o conxunto teña sentido… é así como nos construímos en colectividade.

Só así podemos aspirar a estar á altura das expectativas, sempre dispares, variopintas e numerosas. As expectativas que poñemos nas cousas (e nas persoas) son, a miúdo, as barreiras máis altas a superar. Pequenos retos que nos levan a observar os nosos propios límites, a facelos visibles e, ao mesmo tempo, a diluílos ata que se mesturen cos dos demais para así poder superalos.

Moitas veces as cousas que facemos parecen ser algo do máis normal, rutinarias, nada especiais e pouco destacables, pero darlle valor a cada pequena cousa diaria, enchela de toda a túa atención, poñerlle esmero e afecto, sentila nacer e deixala crecer con vida propia é o que fai a diferenza. Permite que algo imaxinado sexa algo materializado con “alma”, con “mística”. Así nos gusta facer as cousas. Non armamos eventos baleiros senón cheos, repletos de vida, de razón de ser, de capacidades, de experiencias, de discursos, de pensamentos, de emocións, de proxectos, de verbos… eventos de cheos de “algo” que non só é transmitido e compartido senón que é sentido e vivido porque é algo vivo. Así é como ese  “algo” chega e nos toca dentro a quenes participamos del.

Iso quixemos crear con estas xornadas, un espazo compartido cheo de vida que nos tocase os corazóns e que nos dese razóns e motivacións para saber que o cambio e a transformación social son posibles e que, dende as profesións educativas, temos un gran poder para inicialo e promovelo.

Con esta perspectiva tan exixente pero alentadora desfrutamos de diferentes mesas redondas, diálogos, obradoiros, experiencias educativas e sociais de profesionais e colectivos que traballan día a día pola xustiza social dende unha pedagoxía crítica (a todos/as eles/as, GRAZAS). Xuntos e xuntas abordamos e pensamos como superar os desafíos do presente e do futuro dende unha visión glocal, de interdependencia e corresponsabilidade recoñecéndonos como parte dunha comunidade planetaria de iguais na que as metas son compartidas. Así fixemos cidadanía global.

Ao longo da xornada debatemos os xeitos en que, como educadores e educadoras, podemos transformar, dándonos conta de  que só podemos transformar facendo unha suma accións transformadoras. Nese camiño observamos que nos atopamos con múltiples barreiras, como a incapacidade de saír do inmobilismo, o temor a non saber facer, o sentirnos pequeniños/as ante problemas tan grandes, a ecoansiedade… Pero tamén atopamos algunhas claves para superalas. A necesidade de traballar coas incomodidades e dende as alternativas. Tamén dende a satisfacción, creando espazos placenteiros que inviten ás persoas a participar, porque o importante é organizarse e empezar. Coller a queixa e facer algo positivo con ela. A importancia dos contextos e dos vínculos. A necesidade de romper coa individualidade e aproveitar as novas ferramentas e formatos virtuais para crear as mensaxes que queremos. Mensaxes de narrativas contrahexemónicas que propoñen outros xeitos de ser e de estar no mundo. Comunicar as problemáticas á contorna, pois o que non se visibiliza non existe. E nunca esquecer a importancia dos procesos, acompañar, coidar e sentirnos arroupadas, porque pensando e facendo en colectividade nunca estamos soas, e iso, xa é un acto revolucionario e de transformación social. Xuntos e xuntas podemos, esa é a mensaxe máis importante das xornadas. Compre lembrar e reler para non olvidala.

Esta iniciativa foi posible grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.