Representantes da Xunta de Galicia visitan os nosos proxectos en Honduras

0 Comentario
6230 Vistas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, realizaron unha viaxe institucional a Honduras co obxecto de visitar os proxectos de cooperación para o desenvolvemento e de acción humanitaria que a Xunta de Galicia está a financiar nese país.

Nunha das xornadas a delegación galega tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os proxectos que dende Solidariedade Internacional de Galicia, e coa nosa social local Sur en Acción, estamos executando no Departamento de Choluteca dende o ano 2020.

Trátase de intervencións que buscan fortalecer a resiliencia e o benestar de máis de 7.000 persoas que habitan as 25 comunidades do municipio de San Marcos de Colón dende o enfoque da saúde integral. A través dun enfoque integral e con perspectiva de xénero estase a contribuír a garantir a vixencia plena do dereito á saúde das poboacións destinatarias reforzando a cobertura sanitaria do sistema descentralizado de saúde, fortalecendo as capacidades comunitarias para a prevención de enfermidades e promoción de contornas e hábitos de vida saudables,  mellorando a calidade da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva.

Na visita realizada ao Centro Integral de Saúde San Francisco os representantes de Cooperación Galega comprobaron os avances e melloras que se están a producir coas intervencións financiadas pola Cooperación Galega.

No ámbito da acción humanitaria, Jesús Gamallo e Pilar Romero puideron coñecer o traballo que realizamos na protección da poboación migrante na fronteira sur oriental de Honduras a través da atención das necesidades básicas de 3.100 persoas en tránsito polo Corredor Seco, da man tamén da Fundación Alivio al Sufrimiento. Neste senso, a axenda da viaxe incluiu unha parada no Centro de Atención ao Migrante Monseñor Guido Charbonneau, onde puideron inaugurar un espazo de lecer para crianzas.


Un estudo sobre o impacto social do Comercio Xusto

O estudo que hoxe presentamos é unha das accións desenvolvidas...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.