SANDÍAS POLA PAZ

0 Comentario
8774 Vistas

Pide a túa chapa de balde nas Tendas de Comercio Xusto

A sandía é probablemente a froita máis emblemática para representar a solidariedade co pobo palestino. Cultivada desde Yenín ata Gaza, comparte as mesmas cores que a bandeira palestina -vermello, verde, branco e negro-. O seu uso popularizouse tras a Guerra dos Seis Días de 1967, cando Israel fixou como delito a exhibición pública da bandeira palestina en Gaza e Cisxordania, territorios que ocupou naquel momento.

Israel levantou a prohibición da bandeira palestina en 1993, como parte dos Acordos de Oslo, que implicaron o recoñecemento mutuo por parte de Israel e a Organización de Liberación de Palestina e foron os primeiros acordos formais para tratar de resolver o conflito israelo-palestino en décadas. A bandeira foi aceptada como representante da Autoridade Palestina, que administraría Gaza e Cisxordania.

Tenda de Comercio Xusto en Pontevedra

Aínda así, a sandía impúxose como símbolo de resistencia. Aparece en obras de arte, camisetas, grafittis, carteis e no omnipresente emoji da sandía nas redes sociais, representa a solidariedade con Palestina en todo o mundo.

A partir deste símbolo, a Coordinadora Galega de ONGD lanza a campaña #SandíasPolaPaz, que consiste na entrega de chapas con debuxos de sandías aos nosos representantes políticos pero tamén en espallalas polas nosas vilas e cidades en solidariedade co pobo palestino e pedindo un alto o fogo permanente e sen condicións.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia sumámonos a esta iniciativa facendo das nosas Tendas de Comercio Xusto puntos de distribución das #SandíasPolaPaz para toda Galicia.

Se queres a túa chapa de balde, pasa por unha das nosas tendas en A Coruña, Ourense e Pontevedra e pídenos as que precises.


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.